hxglorena

Wednesday, April 26, 2006

AURELIANO PEREIRA

Aureliano Xosé Pereira de la Riva naceu en Lugo en 1855 e morreu en Madrid no ano 1906. De orixes familiares humildes, desempeñou o labor de xornalista en publicacións periódicas como El Heraldo Gallego e liderou o rexionalismo federalista da segunda metade do século dezanove. Republicano convencido, contrario ao caciquismo, partidario dunha sociedade laica e inimigo do sistema foral, Pereira foi, aliás, un home preocupado pola situación da muller no seu tempo e un simpatizante do movemento obreiro. Entre a súa obra poética, redixida na súa totalidade en lingua galega, destaca o volume intitulado Cousas da aldea (1891) e numerosas composicións soltas publicadas en xornais e revistas. Así mesmo, preocupado polo futuro da nosa literatura, sentiu a necesidade de criar unha editorial galega, obxectivo que se acadaría finalmente co nacemento da Biblioteca Gallega, impulsada por Andrés Martínez Salazar e Juan Fernández Latorre.

Friday, April 21, 2006

RAMÓN CABANILLAS



Ramón Cabanillas Enríquez naceu en Fefiñáns (Cambados, Pontevedra) no ano 1876. Despois de abandonar a carreira eclesiástica en Compostela, regresou a Cambados, onde traballou como funcionario do Concello. Incansábel lector, foi un autor decididamente monolingüe, de grande proxección pública, que xogou un papel determinante na superación dos moldes do Primeiro Renacemento malia comezar a publicar a idade avanzada. Con trinta e catro anos emigrou a Cuba, onde residiu entre 1910 e 1915. Alí coñeceu a Basilio Álvarez que o gañou para a causa agrarista. Na Habana publicou No desterro (1913) e Vento mareiro (1915). De volta á Galiza, traballou en varios concellos do país e coñeceu a loita agrarista. O compromiso co proxecto das Irmandades da Fala levouno a colaborar asiduamente en A Nosa Terra, converténdose na voz lírica do movemento. Inicialmente próximo a posturas tradicionalistas, axiña partillou as teses de Vicente Risco, cuxo proxecto estético e cultural influiría decididamente na súa produción posterior. Foi aclamado como Poeta da Raza e utilizou os seus poemas ao servicio da construción nacional, abandonando os ecos intimistas presentes na súa primeira poesía. Así, en Da terra asoballada (1926) e nas novas edicións dos poemarios publicados na Habana, Cabanillas mantivo unha actitude educadora. Pretendeu conscienciar o pobo e achegalo ao nacionalismo. Con estes mesmos obxectivos redixiu, a instancias de Antón Villar Ponte, a peza dramática A man de Santiña (1921). En colaboración con el comporía en 1926 a traxedia histórica O mariscal. Tamén en 1921 viu a luz o poemario Na noite estrelecida, onde, seguindo as teorizacións de Risco, Cabanillas reelabora mitos do ciclo artúrico que funcionen como símbolos produtivos. Porén, recuperou o lirismo intimista en 1927 no poemario amoroso A rosa de cen follas. En 1920 foi elixido membro da Real Academia Galega, onde leu un discurso titulado "A saudade nos poetas galegos". En 1929 faría o propio na Real Academia Española cun ensaio sobre Eduardo Pondal. Instalado en Madrid desde a súa incorporación a esta institución, o poeta atravesou un longo período de silencio que rompería a finais da década dos 40 con Camiños no tempo. Comeza entón unha nova etapa en que viron a luz Antífona da Cantiga (1951), Da miña zanfona (1954), Versos de alleas terras e tempos idos (1954) e Samos (1958), o seu último libro publicado en vida. Faleceu en Cambados en 1959. Autor de rápido recoñecemento popular e académico, Cabanillas conduciu a nosa poesía cara á modernidade e a súa obra foi considerada desde os primeiros momentos dentro do canon da literatura galega, a pesar de se presentar tan diversa que fai difícil a adscrición do escritor a unha corrente ou xeración.

Friday, April 07, 2006

ANTÓN VILLAR PONTE



Antón Vilar Ponte naceu en Viveiro en 1881. Fixo os primeiros estudos no seu lugar natal e cursou Farmacia en Compostela. Tras licenciarse comezou a exercer como boticario en Foz. A partir deste momento Antón dedicouse intensamente a actividade xornalística e á literatura. Desta época datan as súas intervencións no xornal anticaciquil ¡Guau... guau! e na Revista Gallega e a publicación de A patria do labrego (1905), a súa primeira peza dramática. Pouco despois abandonou a farmacia e en 1908 emigrou á Habana, onde dirixiu varias revistas e onde se integrou na Comisión Protectora da Real Academia Galega. De regreso a terras galegas en 1910, o viveirense promoveu na Coruña a fundación das Irmandades da Fala, cuxa posta en andamento estivo marcada pola aparición do seu Nacionalismo gallego. Nuestra afirmación regional (1916). No seo das Irmandades, Vilar Ponte dirixiu A Nosa Terra e ocupouse de impulsar o renacemento e a difusión do teatro galego. Así, participou en 1919 na fundación do Conservatorio Nazonal de Arte Galego, que chegaría a dirixir, e preocupouse por sistematizar a historia da nosa dramaturxia e de traducir ao noso idioma autores non galegos. Compuxo, aínda, prólogos e pezas dramáticas transmisoras do ideario galeguista: Entre dous abismos, Almas mortas... En colaboración con Ramón Cabanillas daría á luz, en 1926, O Mariscal. O indiscutíbel posto que Antón Vilar Ponte ocupa na historia da nosa literatura vénlle dado sobre todo polo seu traballo político e xornalístico. Foi autor de múltiples artigos e ensaios (algúns dos cales foron publicados postumamente en Pensamento e sementeira, de 1971) orientados ao espallamento do ideario das Irmandades. Por mor da escisión das Irmandades da Fala, Vilar Ponte viuse forzado a deixar a dirección de A Nosa Terra, posto que, nesta altura, optou polo culturalismo de Vicente Risco e a Irmandade Nazonalista Galega. Neste momento inspirou a redacción do Manifesto "¡Máis alá!" (1922), de Manuel Antonio e Cebreiro. Porén, no ano seguinte proclámase a ditadura e a frustración política conseguinte provocará a recuperación dos vínculos co republicanismo coruñés. Fondamente comprometido coa nación, foi elixido en 1931 deputado ás Cortes Constituíntes e, cinco anos máis tarde, voltou a exercer como deputado, desta vez polo Partido Galeguista. A pesar da súa dedicación á política, non abandonou a preocupación teatral, da que resultarán pezas como Os Evanxeos da risa absoluta (Anunciación do Antiquixote), editada en 1934, e Nouturnio de medo e morte (1935). Meses antes do alzamento militar de 1936, Antón Vilar Ponte morreu na Coruña.

Thursday, March 30, 2006

ROSALÍA DE CASTRO


Castro, Rosalía de (1837-1885), poeta española cuya obra, escrita en lengua gallega, a la que revitalizó, y en castellano, supuso junto con la de Bécquer, el inicio de la poesía española moderna. Todavía es ampliamente leída y sigue mereciendo constante atención crítica.
Nació en Santiago de Compostela, hija de una mujer soltera de buena familia y de un seminarista. Su nodriza le enseñó la lengua gallega y le hizo conocer la poesía popular en esa lengua. En Madrid, ciudad donde se trasladó por razones familiares en 1856, conoce a Manuel Murguía, con el que se casó dos años más tarde y quien la puso en contacto con Bécquer y su círculo. En 1857 publicó su primer libro poético, La Flor, al que siguieron Cantares gallegos, de 1863, y Follas Novas, de 1880, ambos en gallego. Su obra principal, En las orillas del Sar, se publicó en castellano en 1884. Tuvo seis hijos, pero su matrimonio no parece que fuera feliz. Su salud fue delicada y su temperamento claramente depresivo. Desde 1874 vivió en Galicia, y murió en 1885 en Padrón, La Coruña.
Con Cantares gallegos se situó como precursora, junto a Curros Enríquez y Pondal, del Rexurdimento cultural de Galicia. El libro tiene reminiscencias de la antigua lírica gallego-portuguesa, especialmente de la popular, con notables innovaciones métricas, y protesta contra el centralismo castellano y la vida miserable del campesino gallego que le obliga a emigrar. Por su parte, en Follas Novas, ve el mundo como adversidad, y la existencia humana como dolor, con toques intimistas. Algunos críticos lo consideran el mejor de toda la poesía gallega.
En las orillas del Sar cambió de idioma, quizá porque Rosalía creyó agotadas las posibilidades literarias del gallego. Sus poemas, desprovistos de cualquier esperanza, suponen un punto de partida de la lírica moderna. Rompen con las formas métricas de su tiempo y presentan unas imágenes religiosas inquietantes y muy poco tradicionales. Galicia sólo aparece episódicamente, aunque ciertas metáforas evocan realidades de su país que es preciso defender. La emoción personal ante la felicidad que nunca se consigue resume la tremenda inutilidad que implica la aspiración a la belleza sobrenatural. Algunos de sus símbolos inspirarán a Antonio Machado. Por su parte, Juan Ramón Jiménez la sitúa entre los predecesores de la revolución poética iniciada por Rubén Darío. La crítica actual subraya su feminismo pionero.
Rosalía de Castro también fue autora de las novelas La hija del mar (1859), de carácter folletinesco; Flavio (1861), una novela sobre la imposibilidad del amor, y la costumbrista Ruinas (1866). Además publicó las tituladas El caballero de las botas azules, en 1867, y El primer loco, en 1881. La crítica las sitúa muy por debajo de su poesía, aunque destaca los elementos fantasiosos y poco usuales en la narrativa de su época.

Wednesday, March 01, 2006

A NOSA IDENTIDADE



Centos de miles de galegos e galegas, a traves dos séculos levaron enriba do seu pesado corpo, a sombra das respostas, sin que poideran responder convencidos e orgullosos, coa pena de verse reprimidos, e con elo principiar a xá vasta dialéctica que aconsella non expresar sanos sentimentos no eido da identidade.

Asistimos como espectadores ás alegrias deportivas e manifestacións culturais de centos de países e nacións, a maior parte deles sen sustrato étnico-histórico-cultural que se poidan comparar a Galicia; e forzosamente vémonos na obriga de arrimar unha non moi dinámica vontade á esaltación da identidade ficticia que precisamente foi o xestor da decapitación dos nosos valores culturais, históricos e identitarios. Galicia non existe coma orgullo deportivo, non existe coma cultura, non existe coma etnia, pobo ou nación de seu no ámbito internacional que nos leve a identificarnos e a que nos identifiquen coma tal nación, pobo ou cultura no xá moi competitivo deporte das confrontacións.

¡¡ Nós, galegos e galegas temos historia !!, ¡¡e propia!!, coma pobo, coma cultura e quizais coma xérmen importante da cultura occidental.

A destrucción sistemática dos valores e esencias do ser galego, da cultura e culturas que procede, e da importancia de ésta, ten moito que ver co paradoxo de que precisamente, reis e raíñas saídas da nobreza galega “que era a nobreza por excelencia da península é en territorios baixo denominación Galega, con orixen dinástico nas capitais de éstes dominios, rexeitaron o nome e fala dominante para facerense cunha denominación que significaba terra de mouros, a Hispania moura, logo de decapitar á verdadeira dinastía monárquica que principia a conquista e expulsión dos mouros da península.
A identidade galega pervive, e transmítese de xeración a xeración, e con forza canto máis lonxe nos leven os camiños da vida. É necesario recuperar nos ámbitos nacionais e internacionais a identidade galega, o dereito de sentírense galegos, de constar coma galegos e de ser recoñecidos coma galegos os nacidos e identificados con Galicia e os seus descendentes, o normalizar relacións co resto de nacionalidades e Estados, de normalizar acordos que amparen o uso da dobre nacionalidade alí onde saía un galego e a sua descendencia, que polos golpes da vida, fixo tomar novas persoalidades xurídicas de identidade, nun proceso de emigracións e fuxidas políticas. E necesario ser fieis co carácter galego de por as verdades por enriba dos intereses, e de por as bases do respeto ao individuo e a colectividade, sin ameazas e imposicións, na búsqueda do entendemento e da lectura honesta da Historia e das Historias que falsamente se obriga a aprender para conformar verdadeiros fundamentalismos-extremistas que neguen co poder das armas e económicos dereitos e realidades históricas.

OS CARRILANOS



Un cento de quilómetros de trazado ferroviario entre Puebla Sanabria e Ourense, que recobran hoxe protagonismo cos demorados proxectos do AVE e con traxedias como a de Almuñécar, foron o escenario dunha epopea de milleiros de persoas que sen medios e cuns custos humanos altísimos traballaron de 1926 a 1956 baixo gobernos monárquicos, republicanos e dúas ditaduras para acadar por fin a conexión polo sur de Galicia con Castela.
Dos 142 quilómetros que atravesan o sur das serras do gran macizo de Manzaneda, unha terceira parte discorren baixo terra, e nos dez quilómetros que van de Vilar de Barrio a Alberguería existen quince túneis. Só para salvar a portela do Padornelo hai que furar 5.949,18 metros, aínda hoxe o túnel aberto ao ferrocarril máis longo da Península. É tan longo que para facilitar o traballo abriron na metade un pozo de 234 desde o exterior da montaña.
«Preferente de urgente construcción» unhas veces, sometido outras ás restricións do «Ni una peseta más para ferrocarriles», os cinco mil traballadores que había no treito Puebla-Ourense no seu inicio non tiveron continuidade. Tanto se demorou a obra que ata tres xeracións dalgunhas familias traballaron nela protagonizando historias de todo tipo. Historias como a do enxeñeiro José Fernández-España, a quen se dixo que o mataran e que pereceu en accidente de tráfico en 1927 ao saírse nunha curva o coche que conducía; a dunha manchea de obreiros que morreron do «mal da vía» ,ou a desa muller que lembra con tristura que de nena non a deixaban achegar ao seu pai enfermo que, de lonxe, cun punteiro, lle ensinaba a ler; a da construción no Padornelo dun poboado a 1.300 metros de altitude que contaba con algúns adiantos descoñecidos na zona e que foi destruído ao rematar as obras; a das mobilizacións obreiras que supuxeron para a maioría unha revolución do seu modo de ver o mundo, ou a das terribles represións despois do 36.
Xornadas sen fin nunha escuridade casi absoluta fronte á que pouco podían os candís de carburo; explosións dos barrenos, po, derrubes, retirada dos escombros en vagonetas tiradas por mulos; marchas diarias que chegaron

A CULTURA CASTREXA


Durante a Idade de Ferro, desenvolveuse en galicia a cultura castrexa. A denominación de civilización castrexa deriva do específico tipo de asentamento desta, o castro. A cultura castrexa abrangue máis de mil anos de historia, pois abarca dende o s.VI a.C. ata o s.VI d.C. Para o coñecemento da cultura castrexa dispomos de distintos tipos de fontes: as escavacións arqueolóxicas, o análise das fontes epigráficas artísticas, e por último as fontes literarias procedentes dos autores clásicos.
A poboación dos castros semella ser froito de diferentes achegas raciais, nas que cabe incluír a dos celtas que chegaron a Galicia durante os primeirosséculos do último milenio a.C. Ao constituíren unha minoría no territorio galego, os celtas tiveron que adaptarse ás formas de asentamento das poboacións indíxenas, os galegos do bronce final.
Os celtas trouxeron a tecnoloxía do ferro. A cultura castrexa semella polo tanto unha fusíon dos trazos herdados do bronce final coas novas contribucións da cultura hallstática e post-hallstáctica.
O castro, polo tanto, como forma arquitectónica e de asentamento humano caracteriza o hábitat galego durante a Idade de Ferro. O castro foi un espazo defensivo. As vivendas castrexas eran de forma circular ou oval, cadradas ou rectangulares, asociándose estas últimas ás influencias da romanización. Hai un importante número de castros nos que non hai indicios de poboamento estable, o que parecen indicar que foron construídos como lugares de refuxio nos momentos de guerra. En Galicia existen ó redor de 2000 e 2500 castros, repartidos de forma irregular polo territorio galaico.

Wednesday, February 08, 2006

A CULTURA MEGALÍTICA


O termo megalitismo deriva da construcción de enormes monumentos funerarios feitos con grandes pedras. Este desenvólvese en Galicia durante o terceiro milenio a.C. Os monumentos que predominan no megalítico son os sepulcros formados por un túmulo e un dolmen. No interior acubillaban os sepulcros onde se efectuaban os enterramentos. Estes eran de pequenas dimensións comparados cos que se construíron noutras culturas.
A economía neste período estaba centrada na agricultura, que aprobeitaba unha tecnoloxía que viñera do sur pero completada polas actividades típicas da zona.
A sociedade megalítica galega non se desenvolveu, polo tanto se convertiu nunha sociedade igualitaria composta de pequenas comunidades asentadas de forma dispersa e moi relixiosa. Esta comeza a esmorecer a finais do tercer milenio.
Galicia tiña unha enorme riqueza mineral, o que propiciou un desenvolvemento das culturas megalíticas. Tamén se caracteriza por a practica dunha agricultura cerealística de mais intensidade e a explotación do gando domesticado.